Skip to main content
A PastorizaActualidade

O obradoiro de emprego da Pastoriza deixará listas dúas rutas de sendeirismo

Por 9 Xullo, 2020Sin comentarios

O obradoiro de emprego da Pastoriza reanudou o seu traballo tralo parón ocasionado polo coronavirus. Segundo avanzou o alcalde da localidade, Primitivo Iglesias, a acción do mesmo estará encamiñada ao medio ambiente e a limpeza de espazos naturais, “en espacial dalgúns sendeiros”.

Así, o mandatario pastoricense explicou que os primeiros esforzos irán destiñados á conclusión das obras obras de acondicionamento da ruta de senderismo de Bretoña e a iniciar unha nova na Rigueira.

Neste segundo caso traballarán no percorrido que hai entre A Rigueira e o miradoiro do alto do Rodeiro, que termina ao lado do parque eólico, desde onde se divisa toda a Terra Chá, ata Fonsagrada e os montes que separan esta comarca da da Mariña. Esta actuación está sen iniciarse e o obxectivo e poder rematala o antes posible para poñelas en valor.

Así mesmo, teñen o obxectivo de finalizar os traballos na senda de Bretoña, tamén de dificultade media como a anterior, e que chega dende Bretoña ao alto de Tarracedo, Campo de Lá, dende onde se divisa parte da costa de Lugo, incluído Foz, ademais de ter unhas vistas maravillosas da Terra Chá.