Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Veciños de Parga volven reclamar ante o Hula a reapertura total do seu ambulatorio

Por 9 Xullo, 2020Sin comentarios

Os veciños de Parga continúan en pé de guerra contra o Sergas e a Xunta de Galicia reclamando que esta reabra reabra na súa totalidade o consultorio da localidade concentráronse. Esta mañá volveron concemntrarse ante o hospital Lucus Augusti tal e como fixeran a pasada semana. Continúan así coas diferentes propostas e reivindicacións nas que levan traballando durante as últimas semanas.

Unha vez alí, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e os representantes da Comunidade de Montes de Parga e do Comercio Local de Parga reuníronse coa xerencia do Sergas. A súa intención é manter a actividade actual do centro, que só está a abrir os martes e os xoves para levar a cabo extraccións de sangue.

“Seguen a incumprir a súa promesa de retomar a actividade normal do centro de saúde cando finalizase o Estado de Alarma, e tampouco aportan solución algunha”, explicou Marisol Morandeira.

Ademais, o director médico da área sanitaria de Lugo comunicou na reunión que, pola súa parte, conta cun informe desfavorable a proposta para trasladada pola veciñanza de instalar un módulo prefabricado dos utilizados no hospital de campaña instalado en IFEMA e cumprir así coas medidas de seguridade requiridas polas autoridades sanitarias.

Tanto a Comunidade de Montes de Parga como o Comercio Local de Parga anunciaron que nos próximos días anunciarán de que xeito continúan as mobilizacións.