Skip to main content
Actualidade

Licitan as obras de mellora do abastecemento municipal nas Pontes

Por 10 Xullo, 2020Xullo 28th, 2020Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou a licitación das obras de substitución do sistema de bombeo para mellorar a eficiencia e rendemento do abastecemento municipal, uns traballos cun orzamento de 56.525 euros e que serán financiados a través da achega provinte do Fondo de Compensación Ambiental (FCA 2020).

A práctica totalidade da auga do sistema de abastecemento do Concello de As Pontes pasa polo bombeo da auga bruta situado na zona do Encoro de A Ribeira, que está en funcionamento unha media de 15 horas/día, elevando a auga desde o Río Eume ata a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Pontoibo,situada enriba do bombeo de captación.

A actual bomba que capta a auga directamente do encoro non é capaz de elevar por sí mesma a auga ata a ETAP, polo que este equipo traballa unicamente como equipo de apoio ás bombas principais que captan a auga do Río Eume.

Os traballos permitirán a adecuar as instalacións á normativa vixente optimizando e obtendo un maior rendemento e eficiencia enerxética na estación de captación e bombeo do Encoro da Ribeira mediante o subministro e instalación de novos equipos de bombeo, de xeito que as bombas teñan a autonomía suficiente para abastecer á ETAP de auga bruta sin necesidade do apoio da captación do Río Eume.

Procederase a substitucion e adaptación da caldeirería existente mediante a renovación dos colectores de aspiración e impulsión do grupo que abastece dende o embalse, á renovación da instalación eléctrica e a montaxe dun variador de frecuencia que permita adaptar a potencia entregada según a demanda da ETAP mellorando a eficiencia enerxética e reducindo o consumo anual cun aforro de 70.000€ ao ano, así como o aumento da vida útil dos equipos desta Estación de Bombeo.