O ciclo Cine na rúa proxectará en Vilalba durante catro sábados películas actuais

A Consellaría de Cultura de Vilalba presentou unha nova actividade para realizar durante este verán mentres se mateñen as medidas de seguridade sanitarias para evitar o contaxio do coronavirus.

Así, a praza de Santa María acollerá os vindeiros sábados a proxección de catro películas cun aforo reducido (por orde de chegada) en cadeiras separadas para manter o distanciamento social dentro do ciclo Cine na Rúa.

As proxeccións desenvolveranse ás 22.30 horas e darán comezo con Joker, este mesmo sábado.  A continuación será a vez de Mientras dure la guerra, para o día 25 proxectar Parásitos. O ciclo pecharase o 1 de agosto coa película reivindicativa Figuras ocultas.

Será obrigatorio o uso de mascarilla.

Etiquetas