Bonos consumo Vilalba

O Mupav reabriu onte limitando aforos e extrando medidas de protección

O Museo da Phrehistoria de Vilalba (Mupav) abriu onte as súas portas tralo peche decretado nos últimos tempos trala pandemia do coronavirus.

O museo necesitou un tempo para adpatarse á nova normativa sanitaria que inclúe para os visitantes o uso obrigado de máscara e desinfección de mans. As recomendacións van na liña de todos os centros que acollen grupos de visitantes, como a instrucción antes de comezar a visita, gardar as distancias de seguridade, non acceder con bolsos grandes e evitar tocar superficies e vitrinas.

O Mupav comunicou que se limitou o aforo máximo a 15 persoas e a permanencia nas salas non poderá superar os 25 minutos. Só se permiten grupos familiares de non máis de 5 persoas, que deberán permanecer xuntos durante toda a visita.

Etiquetas