Empresarios de Meira rescatan do esquecemento a asociación de comerciantes

O tempo de confinamente obrigado por parte da pandemia de coronavirus serviu para reflexión de moitos dos negocio e autónomos. A unión fai a forza e eso sábeno moi ben en Meira xa que un grupo de empresarios vén de recuperar a antiga Asocaición de Comerciantes, Empresarios e Autónomos, que levaba uns 20 anos inactiva malia ter sido unha das máis importantes a nivel provincial.

Son cinco mozos do lugar os que tomaron a iniciativa que aínda que se viña xestando nas súas cabezas dende hai tempo foi co peche dos seus negocios esta primavera cando lle deron o impulso que necesitaba para volver poñela en marcha.

O principal obxectivo deste grupo é recuperar a súa operatividade e comezar a organizar eventos e actividades. “Preténdese que todos os comerciantes, autónomos e empresarios da comarca de Meira teñan unha institución que os apoie e defenda os seus intereses de forma clara, honesta e sostible no tempo”, explican dende a xunta directiva.

A primeira fase do seu traballo será a de adaptar a antiga estrutura da asociación á Lei do 2002. O seguinte paso será a convocatoria dunha asamblea xeral para prensentarse en sociedade, analizar o estado de contas e definir unha estratexia común. Así mesmo, en breve presentarán os formularios para preinscribirse na asociación.

Pola súa banda, a xunta directiva impulsora da iniciativa lembra que “queremos transmitir que todos os asistentes terán dereito a manifestar as súas inquedanzas e as súas propostas serán estudiadas”.

Os integrantes da nova directiva provisional son Diego Méndez Costa, como presidente; Mónica Folgueira Cobas, vicepresidenta; Raquel mel Saá, secretaria; Eloy Fenández Bello, tesoureiro, e Daniel Veiga López, vogal.

Etiquetas