O ADC San Xoán feminino busca xogadoras para completar o equipo

O conxunto feminino do ADC San Xoán de Guitiriz de fútbol sala abriu unha nova quenda de inscrición para a próxima tempada en especial para o equipo feminino que ten que reforzarse para continuar na competición.

O equipo, que patrocina o restaurante O Korreo, fixo unha gran actuación durante a súa tempada de debut e ocupaba a sétima praza cando rematou bruscamente a competición por mor do coronavirus na categoría de Primeira Galicia Sénior.

Os interesados en sumarse ao club poden informarse no teléfono 618 819 898. por whasapp.

Etiquetas