Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte FS renova a David Pena como adestrador

Por 13 Xullo, 2020Sin comentarios

David Pena será o encargado a vindeira tempada de liderar ao Concello de Begonte FS por quinta vez.

O adestrador deberá encargarse de conducir con éxito ao equipo na Terceira División, onde quedou tras conseguir o ascenso como cabeza do grupo Norte de Preferente este atípico ano no que se suspenderon as competicións pola irrupción do covid-19.

O rabadense David Pena Roibás estreouse como adestrador nun equipo sénior de fútbol sala co Concello de Begonte. Estivo ao dirixir tres campañas consecutivas e o ano pasado deixouno, pero seguiu vinculado á base. Tras este ascenso, terá a tempada 2020/21 un novo reto que cumprir.

O capitán, Brais Cereijo tamén continuará no proxecto de Terceira División do Concello de Begonte FS sendo un dos piares fundamentais do equipo.