O Concello de Guitiriz renovará camiños en catro parroquias

O Concello de Guitiriz executará a renovación de catro camiños municipais situados nas parroquias de Os Vilares, Santa Cruz de Parga, Vecín e Mariz. O orzamento do proxecto é de 75.966,29 euros dos que 12.844,29 euros proveñen das arcas municipais e os 63.122 euros restantes fináncianse a través dunha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Nos Vilares actuarase nun camiño en As Reixas que dá acceso a parcelas agrícolas nos núcleos de As Reixas, O Laxoso, A tiñaz e Os Vilares. En Santa Cruz de Parga no que dá acceso a parcelas en As Lobeiras, Ixavara e Penabico. En Becín, no camiño da Graña que dá acceso a parcelas de A Graña e Moeiro. Por último, en Mariz, ao camiño que sirve de acceso a parcelas en Mezonzo, A Cuíña e O Campizo.

En total, melloraranse 7.856 metros de firme. Os traballos inclúen a limpeza de cunetas o barrido do firme existente, bacheo e a execución dun dobre tratamento superficial.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “é unha actuación necesaria xa que, debido ao paso do tempo e á circulación de maquinarias agrícolas pesadas, estes camiños non están nas mellores condicións”.

Etiquetas