Skip to main content
Actualidade

Unha comisión impulsa o recoñecemento de Crecente Vega

Por 13 Xullo, 2020Sin comentarios

A Comisión Crecente Vega reuniuse con Francisco Balado, alcalde do concello de Castro de Rei, para presentarlle as iniciativas que se están a impulsar para a valorización da figura e legado do poeta Xosé Crecente Vega, natural deste municipio lucense.

Durante o encontro, o alcalde comprometeu o apoio do Concello para a publicación do libro O mundo nun puño de remol (poesía póstuma).

Ademais, fíxose referencia ao merecido recoñecemento que suporía a dedicación da próxima edición do Día das Letras Galegas ao poeta, e fíxose entrega ao Concello dun facsímile de Codeseira, unha das súas obras de referencia.