Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Asociación de Custodia do Territorio visitará as serpertinas da serra do Careón

Por 14 Xullo, 2020Sin comentarios

O día 18 de xullo, de 10:30 a 14:00, A Asociación de Custodia do Territorio de Rábade organiza unha xornada sobre os Endemismos do centro de Galicia: visita ás serpentinas da serra do Careón, evento realizado co apoio da Deputación da Coruña.

A actividade consistirá nunha visita ás diferentes parcelas custodiadas a través dunha pequena ruta de sendeirismo.

Esta asociación conseguiu nos últimos anos un bo número de parcelas para a conservación das diferentes especies endémicas do centro de Galicia asociadas ás serpentinas da serra do Careón, alcanzando xa máis de 13 ha custodiadas, ás que en breve se sumarán outras 4 ha máis, todas elas derivadas de arrendamentos ó Banco de Terras de Galicia. “Do mesmo xeito, e grazas á Deputación da Coruña, imos empezar coa compra e conservación a perpetuidade de parcelas de alto interese ambiental. Este é un proxecto de moito calado, no que estamos invertindo grandes esforzos debido á súa complexidade, pero que suporá un enorme beneficio para a conservación dos microendemismos asociados ás serpentinas do centro de Galicia”, explican na asociación.

A visita contará coa guía dun botánico e de técnicos da asociación que explicarán os amplos valores naturais da zona. Ademais, veranse os diferentes endemismos e explicaranse os obxectivos e logros deste  proxecto de conservación de flora.

Os interesados en participar poden inscribirse na web da asociación e obter información en custodiadoterrirtorio@gmail.com ou no 620-59.38.92 (teléfono ou WhatsApp).

Tras o proceso de inscrición indicaranse as medidas que se levarán a cabo para evitar contaxios do coronavirus e o punto de reunión.