Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O XLI Festival de Pardiñas nun novo formato

Por 14 Xullo, 2020Sin comentarios

A Asociación Xermolos decidiu celebrar o XLI Festival de Pardiñas nun novo formato de acordo co seu título de Feira e Festa da Música e das Artes, tendo en conta as medidas de seguridade vixentes.

Convencidos da necesidade de manter viva a cultura e música mesmo nos tempos máis arrriscados, desenvolverase nas fins de semana de agosto en distintas paisaxes do Concello, nas que ao longo do ano manteñen actividades.

Principian o 1 de agosto no Campo da Feira de Parga coa 27 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e rematará o 30 con actividades musicais nas parroquias do Vilar e Santa Locaia en albergues do Camiño de Santiago, promocionando así o patrimonio das aldeas.

Haberá pequenos concertos de grupos próximos, presentaranse libros relacionados con artesáns, proxectaranse filmes coma María Soliño, os Irmáns da Lexía, O trobador Martín de Padrozelos e realizaranse talleres de distintas actividades.