A Unidade de doazón estará este xoves en Begonte, Parga e Guitiriz e en Vilalba a fin de semana

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata varias localidades da Terra Chá. Estará o vindeiro xoves 16 en tres localidades chairegas. De 10.00 a 12.00 horas, estará en Begonte, enfronte a Abanca; de 12.30 a 14.30, no campo da feira de Parga; e pola tarde, de 16.30 a 21.00, xunto ao consistorio de Guitiriz.

Para maior seguridade, recomendase pedir cita previa para doar no tfno. 900 100 828 e manter, cando se vaia a doar, unha distancia de seguridade mínima dun metro de separación nas zonas de espera.

Así mesmo, estarán en Vilalba tamén o sábado e o domingo co mesmo horario.

Etiquetas