Xornada de portas abertas no Castro de Viladonga

Mañá, mércores día 15 e o xoves 16, de 11.00 a 13.00 horas celebraranse unhas xornadas de portas abertas para coñecer un pouco máis a escavación e restauración no sector nordés da croa que se levou a cabo nas últimas campañas arqueolóxicas no Castro de Viladonga.

As explicacións estarán a cargo dos arqueólogos Yolanda Álvarez, Miguel Ángel López e Tito Concheiro.

Como medida de seguridade é obrigatorio o uso de máscara e as quendas non poderán ser superiores ás 15 persoas.

Pódese facer a reserva no número de teléfono 982 870 160

Etiquetas