Bonos consumo Vilalba

Abadín celebrarán dende o luns un campamento de verán para nenos

O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto para nenos de 3 a 12 anos entre o día 20 de xullo e o 14 de agosto.

Os interesados en paritcipar poderán anotarse ata este venres17 de xullo nas oficinas do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas. Tamén ofrecerán información no teléfono 982 50 80 21.

O campamento contará con diferentes actiivdades ao aire libre como unha ruta en bici, kayak na Roxica, tiro con arco, obradoiro de reciclaxe e xogos musicais e tradicionais ademais de facer un día a semana en inglés.

Debido á situación procovada polo covid-19 non haberrá saídas fóra do Concello e procurarase celebrar a maior parte das actividades ao aire libre.

Ademais, respectaranse as medidas de seguridade determinadas polas autoridades sanitarias.

Etiquetas