Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Amplíase a inscrición para os campamentos de verán de Guitiriz por ter prazas libres

Por 16 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz anunciou que aínda quedan libres algunhas prazas para inscribirse no ‘Concilia vacacións, concilia con sentidiño’, unha actividade que pretende favorecer a conciliación laboral e familiar durante o verán adaptándose ao novo panorama xerado pola crise sanitaria actual.

Levarase a cabo do 20 de xullo ao 30 de agosto en horario de 8.30 a 14 horas e está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2016. Aínda que o prazo está rematado poden apuntarse os interesados por haber prazas libres. Esta levaranse a cabo a través da sede electrónica, do correo info@concellodeguitiriz.com, ou no concello con cita previa no 982 370 109.

Programáronse tres quendas, que van do 20 ao 30 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 30 de agosto. O prezo de cada unha delas é de 30 euros e existen diferentes bonificacións por elixir máis dunha quenda, asistir máis dun irmán, ser familia monoparental ou monomarental e atoparse en situación de vulnerabilidade. Os non empadroados en Guitiriz terán que asumir un incremento da cota do 20%.

Antes do comezo da actividade realizarase unha reunión informativa dirixida aos pais e nais na que se lles explicará o protocolo que se aplicará para intentar manter a seguridade dos nenos e nanas na medida do posible. Este incluirá os métodos de entrada e saída, a formación de grupos reducidos, a ampliación de espazos…