O PM Friol ficha como adestrador a Abraham García González

O primeiro equipo feminino do Peluquería Mixta Friol comezará o seu segundo ano no Reto Iberdrola  cunha cambio no banco.

O equipo será dixirido a próxima tempada por Abraham García González, un gran coñecido no ámbito do fútbol feminino. De feito, adestrou en varias categorías do Sevilla CF, no CD Hispalis de Nacional e a pasada tempada estivo a cargo do UD Tacuense.

Pola situación xerada polo covid-19, o próximo ano o conxunto de Friol competirá na Segunda División Nacional con 31 equipos xa que co movemento dos ascensos quedan dous menos que a tempada que ven de rematar, onde o conxunto, ubicado non Grupo Norte, estaba na parte baixa da táboa.

Etiquetas