--->https://galiciaxa.com/?p=35097 Abren as piscinas de Bonxe - Terrachaxa.com

Abren as piscinas de Bonxe

A partir de hoxe estarán abertas ao público as piscinas de Bonxe aínda que en atención á situación sanitaria actual o aforo será límitado para garantir a seguridade.

O aforo da instalación é de 82 prazas ou ata cubrir as parcelas previstas (10 parcelas de 4×4 para 3 persoas ou 13 parcelas de 5×5 para 4 persoas). O aforo completarase por orde de chegada e no caso de chegar ao límite pecharase o acceso á instalación ata que quede unha parcela dispoñible.

Ademais dun límite de persoas que poden acceder á instalación está previsto tamén un límite de persoas que poden estar ao mesmo tempo na piscina que no caso da infantil establécese en 7 e na piscina grande é de 40.

Os prezos serán de 2 euros para os menores de 18 anos empadroados en Outeiro de Rei e de 4 para os maiores. En caso de non empadroados, os prezos serán de 4 e 10 euros, respectivamente.

Etiquetas