Aprazan o Lecer no Rural e o Cine na Rúa tralos casos de covid-19 detectados en Vilalba

Debido aos tres positivos de coronavirus detectados en Vilalba na xornada de onte, o Concello decidiu suspender dúas das actividades previstas para esta fin de semana, o Lecer no Rural e Cine na rúa.

Trátase de dúas actividades que xa estaban en marcha y malia que se celebran mantendo as medidas de seguridade sanitarias, o Concello considera “polo principio de prudencia” aprazalas.

Estas actividades retomaranse cando a situación sexa segura, xa que agora mesmo estanse a realizar os rastreos necesarios para illar contactos dos afectados.

O Concello lemgra “calma, prudencia e responsabilidade”.

Etiquetas