Skip to main content
Actualidade

As Pontes acolle unha exposición de dinosaurios

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

Entre os días 18 e 21 de xullo, no Pavillón Polideportivo Municipal estará instalada a exposición Dinosaurios Live. Trátase dunha exposición interactiva, composta por unha vintena réplicas animatrónicas de dinosaurios que permitirán aos nenos e nenas da vila saber como eran, como vivían e como se movían os xigantes prehistóricos.

Haberá 6 pases diarios (11:00, 12:00, 13:00 e 17:00, 18:00 e 19:00 horas), de 45 minutos de duración, con aforos limitados.

As entradas poden retirarse 15 minutos antes de cada pase no Pavillón Polideportivo Municipal