Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei contará cun viveiro industrial

Por 17 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei contará cun viveiro industrial no que investirá 416.300 euros, dos que a Xunta achegará o 57,6% do orzamento total, 240.000 euros.

O viveiro situarase no polígono de Castro de Ribeiras de Lea, que dispón dunha superficie de 249.423 metros cadrados, con 26 empresas instaladas. O edificio deste novo servizo estará formado por tres espazos diferentes onde se instalarán as novas empresas. Ademias, incluirá un bloque administrativo con oficinas e un salón de actos, entre outras dotacións.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria anunciou que destinará 240.000 euros para a creación do viveiro empresarial. Segundo indicaron dende a Xunta, foi escollido este concello ao ser un dos que conta con moito emprendemento.