As Pontes pon en marcha un servizo de atención temperá

O Concello das Pontes, ao abeiro dunha subvención da Consellería de Política Social e Fondo Social Europeo, pon en marcha un servizo de atención temperá co obxectivo de prestar atención indiviudalizada a menores de 6 anos que presenten transtornos no desenvolvemento ou teñan riscos de padecelos.

O programa, dirixido a nenos e nenas, de entre 0 e 6 anos e ás súas familias, inclúe os servizos de logopedia, terapia ocupacional e psicoloxía, que en palabras da concelleira responsable da área, Tania Pardo, “permite ofrecer unha atención integral nun momento crucial do desenvolvemento psicomotriz da poboación infantil para que adquiran habilidades básicas, tales como falar, moverse, identificar a outras persoas, para potenciar así as súas capacidades e promover a integración dos/das menores na súa contorna”

No ambito da logopedia traballaranse na aréa da comunicación e as súas alteracións coa finalidade de mellorar a linguaxe, a fala, a voz e deglución. Desde o ámbito da terapia ocupacional intervirase nos aspectos relacionais, lúdicos e funcionais mentres que o servizo de psicoloxía estará orientado a ofrecer unha atención integral en todas as áreas do desenvolvemento da poboacion infantil, centrándose en aspectos de caracter cognitivo, social, emocional, motor, conductual e da comunicación.

O acceso ao servizo de atención temperá farase a través da área de pedagoxía do departamento de Benestar Social, que valorará a inclusión dos/das menores no mesmo.

Etiquetas