O certame Friol en Igualdade xa ten gañadores

O Concello de Friol vén de facer público o listado de gañadores do concurso gráfico co título Friol en Igualdade, aberto á participación de forma individual ou por equipos e para todas as idades. O obxectivo do concurso era promover a creatividade e a participación cidadá a través da promoción de valores de igualdade entre homes e mulleres, coeducación, eliminación de estereotipos de xénero e, en todo caso, a eliminación de toda forma de violencia de xénero.

O primeiro premio, valorado en 300 euros, foi para Ánxela Maneiro Pérez, polo seu traballo Non te enganes, o amor non doe. Esta imaxe poderá ser utilizada polo Concello de Friol para a accións de sensibilización, atención e apoio á loita contra a violencia de xénero tal e como se recollía nas bases.

O segundo premio, valorado en 200 euros, foi para Nabia Méndez Vázquez por É hora de arrancar coas regras e estereotipos que pretenden calarnos. Finalmen Beatriz Lorenzo Ferreiro, por Basta xa!! recibirá cen euros.

O traballo consistiu na representación icónica dun lema na defensa da igualdade en todas as súas formas.

 

Etiquetas