Skip to main content
ActualidadeVilalba

Récord de participación no certame literario organizado polo Concello

Por 21 Xullo, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba informa de que o XVLI Premio do Certame Literario de Vilalba batiu este ano o seu récord histórico de participación.

Unha vez rematado o prazo para presentar os orixinais o pasado venres, 17 de xullo, un total de 90 obras optan ao concurso nesta edición do tradicional certame literario, triplicando a participación de anos anteriores.

“É unha satisfacción saber que a creación poética está en pleno auxe e que o tan recoñecido certame de Vilalba medra en participación e renome ano tras ano, a cultura é para nós unha prioridade de goberno”, sostén a alcaldesa, Elba Veleiro.

O Certame Literario de Vilalba é un premio de poesía en galego que naceu no ano 1975 e a entrega de premios celébrase tradicionalmente cada 30 de agosto no Concello de Vilalba. Está dotado con 7.000 euros en metálico e a publicación da obra premiada para o mellor poemario inédito escrito en lingua galega.

Nos seus 45 anos de historia, nomes propios da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño xa recolleron o premio, un dos máis destacados do panorama poético de Galicia.