Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha alumna de Vilalba foi a mellor da provincia de Lugo na Abau

Por 21 Xullo, 2020Xullo 23rd, 2020Sin comentarios

Dúas mozas e dous mozos de institutos situados en Ordes, Vilalba, Vigo e Ourense obtiveron as mellores notas nas probas de acceso á universidade que tiveron lugar na segunda semana de xullo, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ciug).

Estes catro alumnos lograron ser as mellores notas de cada unha das catro provincias con cualificacións que roldan o 10. Así, Eva Sanmartín Vázquez do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba e Diego Sánchez Pinzón do CPR Plurilingüe Rosalía de Castro de Vigo lograron un 9,9.

Pola súa banda, Raúl Ríos Pampín do IES Número 1 de Ordes (A Coruña) cun 9,95 e Sofía Salgado Pontón do IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense foron os mellores das súas respectivas provincias.

As probas de acceso á universidade, Abau, antes coñecidas como selectividade, tiveron lugar o 7, 8 e 9 de xullo baixo medidas de seguridade excepcionais para evitar contaxios.

Así, o 87,96 por cento dos alumnos que se presentaron á selectividade este ano en Galicia aprobaron a proba, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia.