Enquisa Mobilidade

A ITV agrícola estará en agosto en Riotorto

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará no Concello de Riotorto os días 4 e 5 de agosto.

A estación itinerante estará na Grova, estrada Riotorto ao Marco de Alvare, o martes 4 en horario de 15 horas a 18.30 horas e o mércores 5 de de 8 horas a 17 horas.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros.

Etiquetas