Licitan as obras de mellora do abastecemento na rúa Cabanas das Pontes

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a licitación das obras de mellora do abastecemento na rúa Cabanas.

O proxecto, cun orzamento base de licitación de 47.092,66 euros, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, permitirá renovar a rede de abastecemento da zona urbana e forma parte do plan de renovación de infraestruturas municipais programadas polo grupo de goberno, que xunto con outros proxectos de mellora da iluminación e a eficiencia enerxética e outros servizos e instalacións públicas, permitirá mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os traballos previstos atópase a reposición da actual liña de fibrocemento que descorre pola marxe exquerda da rúa, substituindo a canalización por una nova liña en tubos de fundición, con características técnicas e sanitarias adaptadas á normativa vixente. Asemade, procederase á reposición do pavimento, tanto de beirarrúa coma de calzada.

Etiquetas