Enquisa Mobilidade

O CD Castro enfronta a próxima tempada con Juan Peón como novo adestrador

O CD Castro, equipo que milita na Primeira Autonómica anunciou a fichaxe de Juan Peón, que será o adestrador do equipo sénior para a vindeira tempada. Esta profesional estivo en equipos como CD Lugo, RC Villalbés e SD Sarriana e ten como obxectivo devolver ao equipo a próxima tempada a Preferente.

A directiva do club tamén confirmou a renovación do capitán, coordinador deportivo e entrenador da base, Diego Pardeiro Morado Dumi, que seguirá defendendo os seus colores outra tempada máis.

No capítulo de renovacións tamén hai xogadores das canteiras que ascenden este ano ao equipo sénior. É o caso de Adrian Fdez Lorenzo, medio centro defensivo; Miguel Ángel López Mangel, tamén defensa; Nacho, Jose Ónega, Raúl López Díaz, ou Alex Gascón Torito. Jose Manuel Osorio Josema seguirá cubrindo a nosa portería e na banda continuará Daniel Díaz Pedreira. Na faceta ofensiva continuarán tamén Miguel Ángel Folgueira Play e Niko Edrosa. Seguirán tamén Lois, Martín Díaz Chufi, Brais, Noel, Sergio Begonte, Joel Folgueira Fernández e Sergio Quiñones.

Outra das renovacións importantes é a de Isaac Rouco Castro, que seguirá outro ano máis tanto de xogador como de entrenador da base.

No capítulo de fichaxes o equipo dá a benvida a Yoel Astariz, ex xogador do Ribadeo e Viveiro entre outros; ou Iago Alonso que chega ao club procedente da SDC Residencia. Adrián Yebra volve ao CD Castro dende o Pol tras estar dous anos noutros equipos da provincia. Do mesmo equipo chega Xavier Alexander Foliadoso e Rober Sánchez. Regresa á súa casa  Hugo Buide que fixo o seu debut como senior neste clube.‬ Chega procedente da SD Sarriana.‬

Etiquetas