O PSOE de Abadín elabora unha lista de propostas para investir os cartos do Plan Único

O PSOE de Abadín elaborou un documento recollendo as propostas veciñais sobre onde investir o orzamento do Plan Único da Deputación, que neste concello ascende a 335.452,02 euros. A recollida de propostas levouse a cabo a través das redes sociais e con ese documento, o grupo presentou unha moción onde se recollen esas propostas.

O fomento do emprego lidera as solicitudes de investimento, seguido de servizos sociais dirixidos á xente maior, á infancia e as persoas dependentes. Tamén apostan por plans de formación en todas as parroquias; fomentar actividades deportivas, culturais e turísticas; levar a cabo o arranxo definitivo do céspede do campo de fútbol de Abadín; dotar ás parroquias de traídas de auga públicas; eliminar as barreiras arquitectónicas para cumprir a lei de accesibilidade nos espazos públicos, e fomentar as  feiras e a  cabana gandeira.

O PSOE explica que a meirande parte da subvención vai destinada para aglomerado, “coma sempre…” e consideran que hai “outras necesidades que tamén hai que cubrir”.

Etiquetas