Bonos consumo Vilalba

A aula Cemit de Guitiriz acolle o campamento tecnolóxico ‘Constrúe na túa casa’

A rede Cemit do Concello de Guitiriz, en colaboración co aliado dixital Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática organiza o campamento tecnolóxico ‘Constrúe na túa casa’, dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos.

As actividades desenvolveranse online pero aqueles que non dispoñan dos recursos necesarios poden facelo desde a aula Cemit de Guitiriz.

Esta actividade conta cun aforo máximo de 5 alumnos e as datas de realización serán do 30 de xullo ao 9 de setembro.

Para participar é necesario inscribirse antes do luns 27 de xullo ás 12 horas.

Etiquetas