A I Festa do motor de Abadín busca unha nova data

A I Festa do Motor organizada por un grupo de rapaces de Abadín non puido celebrarse finalmente o 23 de maio como estaba previsto. Foi unha das consecuencias culturais que trouxo para a provincia o paso do coronavirus.

Esta Festa do Motor, que naceu coa ilusión de convertir a Abadín nun referente nesta práctica deportiva pola vinculación que teñen co mundo, tiña xa todo o programa deseñado e pechado cando tiveron que aprazalo. E foi aprazado porque tanto esforzo non queren que quede en saco roto e non perden a esperanza de celebrarlo antes de que remate o ano e sempre que o covid-19 segua dando tregua.

Así, a festa do motor contaba no seu programa con sesión vermú, rutas turísticas e verbena ademias de exposicións de vehículos, presentación de coches de competición e clubs e sorteo de agasallos sen que faltase tamén a animación para os máis pequenos.

E para todos os participantes, cabía a posibilidade de comer cun menú pechado.

Mentres todo esto intentan manterse para cando a situación sanitaria o permite, a organización avanzou que sorteará un coche ese mesmo día que se celebre a festa, polo que anima a todos a estar pendentes.

Etiquetas