O Ínsuas do Miño FS renova ao adestrador e á maior parte dos xogadores

Tras unha boa tempada en Preferente o conxunto rabadense Ínsuas do Miño FS renovou á practica totalidade do equipo comezando polo seu adestrador Christian Costoya. Antes do parón, o equipos estaba nunha situación cómoda na táboa e nunha moi boa dinámica de traballo.

Tamén anunciaron a renovación de Javi, un dos capitáns e piar fundamental do equipo na que será a terceira tempada no club. Así mesmo continuarán Sergio, tamén por terceiro ano, e Adri Varela.

Tamén continuarán Josito, Antón, Chechu, Martín Novo, Suso, o porteiro Marcos Arias e o pichichi Michael Vázquez.

Pola súa banda, David Lage non continuará a próxima tempada no equipo por motivos laborais.

Etiquetas