Skip to main content
Actualidade

A Xunta aproba o Plan Xeral de Castro de Rei

Por 26 Xullo, 2020Sin comentarios

Tras dez anos de espera, o Diario Oficial de Galicia publicabou a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Castro de Rei. Foi exactamente hai dez anos cando se abriu o proceso de elaboración do Pxom en Castro dende o Pleno do Concello. Este foi un tempo por tanto de tramitación de informes sectoriais e modificacións que agora vén a luz trala aprobación por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O resultado deste plan, que en realidade iniciou a súa redacción en 2008, tiña como obxectivo ordenar as 25 parroquias e os 177 quilómetros cadrados do municipio. En 2010 aprobouse inicialmente no pleno e nel a Xunta investiu máis de 120.000 euros.

Agora, ábrese unha segunda etapa na que se poden realizar modificacións puntiais en especial naquelas zonas en crecemento e só queda un último trámite para a súa entrada en vigor, que o Concello publique a normativa e as ordenanzas do plan no BOP e a súa inscrición no Rexistro do Planemento Urbanístico de Galicia.

Este Pxom recoñece dos dous núcleos urbanos, os de Castro de Rei e Castro de Ribeiras de Lea, e máis de 170 núcleos rurais. O Concello está agora pendente da declaración de Área de Rehabilitación Integral (Ari) na zona histórica de Castro de Rei mentres estudan a redacción dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri).