Skip to main content
ActualidadeCospeito

A piscina de Cospeito non abrirá este ano

Por 27 Xullo, 2020Sin comentarios

A preguntas do PSOE, o alcalde Cospeito, Armando Castosa, comunicou na sesión plenaria, que este ano non abrirá a piscina municipal pola situación sanitaria a causa do coronavirus, xa que recomenda “prudencia”.

O alcalde respondeu de esta maneia a unha pregunta que fixo o PSOE sobre as medidas que se están tomando no Concello con relación ao covid-19 despois de non terren convacado a xunta de portavoces na que se quedou no pleno anterior.

O alcalde indicou que non só está pechada a piscina, están tamén sen uso o resto de instalacións agás o consistorio, que atende con cita previa, e as feiras, que se realizan seguindo todos os protocolos.