Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE Abadín pide información sobre o labor dos concelleiros con dedicación

Por 27 Xullo, 2020Sin comentarios

O PSOE de Abadín volveu dirixirse al alclade da localidade para demandar unha resposta á pregunta realizada en decembro sobre os traballos que están a realizar os concelleiros Jesús Cendán Seijo e Judit Anido Vigo, que teñen unha dedicación parcial e polo tanto contan, cada un, cunha retribución anual de 6.600 euros.

O primeiro realiza as funcións de delegado do servizo de medio ambiente e a segunda de desenvolvemento sostible. Nos dous casos teñen unha xornada de 10 horas semanais equivalentes ao 35% da xornada completa do Concello que é de 25 horas e media.

O PSOE considera que “habendo trascurrido máis dun ano nos seus postos retribuidos, e non recibindo responsta á pregunta formulada no mes de xaneiro, reitereamos que nos de acceso aos traballos realizados durante este tempo en atención, defensa dos intereses do Concello e bo servizo aos veciños”. Indican que non caso de non ter información solicitarán unha copia dos traballos realizados en ambas as dúas delegacións.