Skip to main content
Actualidade

A Escola de porteiros do DVSport abre o prazo de inscrición

Por 28 Xullo, 2020Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Escola de Porteiros de Lago DVSport para a próxima tempada 20/21. Pódense apuntar xogadores federados, non federados ou que non formen parte de ningún equipo.

Os adestradores serán Senén Bouza e Dani Purriños que sacaban hai uns meses o Curso Universitario Técnico de Especialización en Adestramento de Porteiros de Fútbol sala, aumentando así os seus coñecementos e poder contribuír á formación e desenvolvemento das bases e tamén colaborarán nos entrenos dos porteiros do equipo sénior.

“Os nosos obxectivos céntranse en cubrir as diferentes etapas de aprendizaxe do porteiro. Na nosa escola trabállase con persoas de diferentes idades en grupos reducidos adaptando os exercicios para coidar ao detalle cada un dos puntos de mellora”, explican.

O obxectivo da Escola do Lago DVSport é adaptar os adestramentos ás diferentes etapas de aprendizaxe de cada un.

Entre os obxectivos da escola está adaptar o adestramento ás diferentes etapas de aprendizaxe, mellorar a competencia motriz, mellorar de forma selectiva as accións técnicas específicas do porteiro con balón: blocaxes, desvíos, despexes, saques, elementos técnicos comúns; mellorar de forma combinada as accións técnicas específicas do porteiro, mellorar aspectos condicionais/coordinativos adaptados a cada idade e profundizar no coñecemento do regulamento.