Aprobadas obras de mellora en camiños rurais das Pontes

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a semana pasada o expediente de licitación das obras de mellora dos camiños municipais en Terbá, O Brixeo e O Cornocelo .

Este proxecto, cun orzamento basee de licitación de 48.444 euros financiado por Agader 2020/2021, permitirá mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación destes viais que na actualidade presentan deficiencias estruturais.

Os traballos previstos permitirán a rehabilitación dos camiños de Terbá e O Cornocelo para dotalo dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así lograr a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de viarios así como a ampliación da plataforma do camiño Brixeo.

Realizaranse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada o vial así como ao fresado firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado dos camiños municipais realizarase mediante a extensión dunha nova capa de rodadura de formigón bituminoso en Terbá e O Brixeo, e a execución dun primer rego semiprofundo e un dobre tratamiento superficial con grava, continuando có mesmo tipo de afirmado existente na actualidade, no vial do Cornocelo, actuacións que se completarán coa sinalización horizontal e vertical dos tres viarios.

Etiquetas