Castiñeiro Milenario cancela o Festival 27373 de Begonte

Castiñeiro Milenario comunicou a cancelación do Festival 27373 de Begonte que se ía celebrar en agosto.

“Levamos semanas valorando todas as posibilidades, pero a día de hoxe non podemos garantir a seguridade das persoas e vendo que as recomendacións sanitarias van cambiando día a día, a decisión más lóxica, sensata e dolorosa é suspender a edición deste ano 2020″, dixeron.

“Agardemos que veñan mellores tempos e que o ano 2021 poidamos gozar dunha nova edición do festival, así como de novas edicións doutros festivais irmáns que tamén tiveron que suspender.”, engadiron dende Castiñeiro Milenario.

Etiquetas