Sotavento fixo entrega do premio do X Certame Renovable de Fotografía

O Parque Eólico Experimental Sotavento premiou a Casiano Engroba Saavedra, pola súa fotografía “Son xigantes”, elixida polo xurado entre medio centenar de candidaturas.

Este certame que cumpre ca décima edición, ten como principal obxectivo dar a coñecer o mundo das enerxías renovables en xeral e a idea de Sotavento en particular. Dende o mes de novembro recibíronse máis dun centenar de fotografías entre as que se elixiu a gañadora.

Lembran que as instalacións de Sotavento xa están abertas ao público con normalidade, seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, e poden visitarse de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e as fins de semana baixo cita previa no  teléfono 981563777 ou  652 80 81 73

Etiquetas