A falta de orzamentos centrou o pleno de Vilalba

O Concello de Vilalba celebrou onte un Pleno ordinario que se prolongou ata a medianoite e que centrou moito do seu tempo no debate sobre os orzamentos. De feito os dous partidos na oposición, Vilaba Aberta e PSOE, reclamaron as contas xa que están a traballar cos dos ano pasado prorrogados. O PP foi o encargado de levar a Pleno a moción na que reclamaba as contas.

O equipo de Goberno, por boca do seu edil de economía, defendeuse das acusacións alegando que o orzamento estaba xa deseñado pero a pandemia obrigou a facer modificacións antes de presentalo para a súa aprobación.

A unanimidade reinou na proposta municipal de render unha homenaxe a Concepción Braña y Rey, coñecida como Concha da Reina, a primeira matrona titulada da comarca, e que recibirá unha estatuta no parque xunto á gardería municipal. Tamén obtiveron o voto unánime da corporación inciiar o expediente para asumir a xestión do comedor da escola infantil; que a gardería sexa gratuíta para o segundo filo, o terceiro plan de igualdade e seis proxectos de obra.

O que xa non puido ir adiante foi a proposta de poñer o nome de Manuel María á casa da cultura de Vilalba, xa que non se acadou o mínimo de votos necesario, que eran os 2/3 do consistorio. Isto foi así xa que o PP abstívose alegando que non se poñía en contra de que se fixese unha homenaxe a Manuel María “moi merecida” pero que estaban en contra de poñer nome de persoeiros aos edificios. A iniciativa tivo unha votación previa sobre reducir o mínimo de 2/3 de maioría para os nomeamentos, a iniciativa de Vilalba Aberta, que contou coa oposición do resto de partidos.

Finalmente, o PP obtivo a explicación que quedara pendente do Pleno anterior sobre a ruptura do pacto de goberno. Durante a mesma, a alcaldesa confirmou a súa decisión.

Vilalba Aberta presentou outras mocións, na primeira pedindo a posta en marcha do marco de reivindicacións do colectivo LGTBI e dun sistema de cheques para a conciliacións. Ambas as dúas medidas foron aprobadas coa abstención do PP e os votos a favor do grupo de Goberno.

Pola contra foron rexeitadas outras dúas, unha na que se pedía que os cartos do canon eólico reverteran directamente nas parroquias, e a que pedía que se puxeran en marcha as axudas aos afectados polo covid-19 aprobadas na sesión anterior. Nos dous casos o PP abstívose e o PSOE votou en contra.

Etiquetas