EuroEume e Amigus levan a cabo dous obradoiros no mes de agosto nas Pontes

As asociacións Euroeume e a de informática Amigus desenvolverán conxuntamente dúas actividades formativas nas Pontes, previstas para finais do mes de agosto e que terán lugar no local social de Amigus, na Praza do Hospital.

O primeiro dous seminarios, dirixido a mulleres de máis de 14 anos, impartirase os días 24 e 25 de agosto, en horario de 10.00 a 13.00 horas, e centrarase no modelado e na impresión en 3D.

A continuación, os días 26 e 27 de agosto, no mesmo horario terá lugar o de robótica en familia, cunha iniciación a Arduino. Ambas as actividades son gratuítas, xa que están financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade e pola Consellería de Política Social, respectivamente.

As inscricións poden formalizarse a través do correo euroeume@euroeume.org ou na web amiguslabs.org. Ou número de prazas é limitado e para cubrilas respectarase a orde de matrícula.

Etiquetas