O Concello de Castro de Rei remata as obras de rexeneración da vía en O Tourodal e Prevesos

O Concello de Castro de Rei está a rematar os traballos de rexeneración da vía que une o barrio de O Tourodal coa parroquia de Prevesos.

Trátase dunha obra moi demandada polo estado no que estaba o firme, no que se fixo unha rexeneración con tres capas de asfalto.

Esta obra está a cargo de remanentes do Plan Único da Deputación correspondentes á pasada anualidade así como a recursos municipais. O orzamento total foi de 38.990,84 euros dos cales a achega municipal é de 8.413,35 e a Deputación pon 30.577,49.

Ademais da rexeneración do firma, a obra contemplo a roza das marxes da estrada.

Etiquetas