O Concello das Pontes organiza un obradoiro de autocoidado para mulleres

O Concello das Pontes, a través do departamento de Igualdade, pon en marcha un obradoiro de autocoidado dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade, finaciado pola Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, con cargo ás subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O obxectivo desde obradoiro, que se imparte de forma telemática, é potenciar a capacidade de autocoidado, saúde e goce das mulleres participantes nos diferentes ámbitos da súa vida, a través do igoa, a danza e o movemento consciente, a terapia do reencontro e a atención plena; actividades encamiñadas a potenciar o crecemento, o desenvolvemento e a autonomía persoal, traballando en aspectos da vida cotiá como a aceptación, o empoderamento, a xestión das emocións ou o coidado corporal.

Dúas veces á semana, durante dous meses, as participantes recibirán información e formación sobre autocoidado, en forma de audio, vídeo ou pdf. Crearase tamén un grupo de whatsapp a través do que se acompañará ás participantes, creando unha rede de apoio onde practicar a expresión e a escoita respectuaosa e sen xuízo.

Por outra banda, as mulleres participantes crearán un diario no que irán escribindo as súas experiencias e reflexións sobre o vivido para rematar o obradoiro cunha xuntanza virtual que permitirá integrar todo o aprendido polas participantes.

Etiquetas