Enquisa Mobilidade

A Moexmu e a Festa da Filloa de Muimenta renovan as súas marcas

Dende a Moexmu comunicaron a renovación na Oficina Española de Patentes e Marcas das marcas Moexmu e Festa da Filloa de Muimenta.

Estas englóbanse dentro dos servizos de organización de certames e feiras gastronómicas con fins culturais ou educativos, sen ánimo de lucro.

Así, estas dúas marcas volven quedar rexistradas ata o ano 2031.

Lembran tamén que ao estar inscrito na oficina de patentes e marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, tense dereito de propiedade sobre ambas marcas e anagramas, concedendo o dereito exclusivo de utilización.

Etiquetas