Skip to main content
Actualidade

Adxudicada a xestión da residencia de Castro de Rei

Por 3 Agosto, 2020Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei vén de adxudicar á firma Troncoso Casares SL a xestión da residencia de maiores San Xoán por un orzamento de 3.504.052,94 euros e por un período de catro anos prorrogable.

A empresa adxudicataria foi a mellor valorada na mesa de contratación, xa que mellorou tanto o canon mensual que lle corresponde ao Concello, que fixa en 8.556 euros, como os prezos máximos das prazas, con tres tramos estipulados: 990 euros para os residentes con autonomía e asistidos de grao I, 1.353 euros para os de grao II e 1.413,50 euros para os de grao III.

O alcalde, Francisco Balado, comunicou que o cambio de xestión non conleva cambios no persoal debido a que no prego de cláusulas administrativas figura a subrogación dun total de 25 traballadores.

As instalacións ubicadas nunha antiga edificación do colexio Ramón Falcón, saíron a concurso co contrato de xestión de servizo en réxime xurídico concesional, en marzo pero coestado de alarma e o confinamento, os prazos administrativos paralizáronse e o proceso retomouse en maio.

Unha vez pechado o prazo de ofertas  houbo dúas firmas interesadas e que cumprían todos os requisitos, tralo seu estudo a mesa de contratación otorgou a máxima puntuación á Troncoso Casares SL que xa é a responsable da xestión de outras residencias de maiores e centros de día, principalmente na provincia de Ourense.

A oferta que quedou en segundo lugar foi a presentada por Asociación Edad Dorada Mensajeiros de la Paz Castilla La Mancha e Galicia, que foi a entidade responsable da xestión do centro residencial de Castro de Rei desde a súa apertura en xaneiro de 2014.

Esta entidade estivo vinculada ao proxecto desde os seus inicios no ano 2002 pero a posta en marcha deste servizo foise demorando polo que o acordo acadado entre Concello e a entidade tivo que ser revisado en Pleno en varias ocasións.