Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Comezan as obras de construcción do saneamento no lugar de Vale, en Riotorto

Por 3 Agosto, 2020Sin comentarios

A pasada semana deron comezoas obras de construción da rede de saneamento de Vale. O lugar Vale componse dun núcleo principal onde se ubican a maior parte das vivendas, en dous barrios denominados Penela e Aldea, e outro núcleo secundario formado por un barrio máis pequeno que se coñece como Souto de Vale que comunicarán coa rede que se proxecta. A poboación habitual do lugar de Vale é de 25 habitantes aínda que ocasional e estacionalmente chegan a ser un máximo de 30 ou 32 habitantes.

As obras consisten na construción dunha rede de colectores no lugar de Vale que canalizarán as augas residuais procedentes das vivendas cara a un punto de vertido onde se situará o conxunto de depuración.

Os colectores descorrerán polas marxes dos camiños e estradas do lugar e na maior parte dos casos, debido á particular orografía do lugar e dispersión das vivendas, por fincas particulares, coa fin de axustar o trazado ás esixencias técnicas e particulares das obras.

A recollida comezará nunha arqueta ou pozo onde acometerán os ramais que chegarán ás saídas particulares das vivendas e descorrerán por tubaxes plásticas. Cada encontro entre ramais, cambio de dirección da rede ou novas acometidas resolveranse cun pozo circular rexistrable.

Debido á pendente do terreo farase necesario a execución de pozos de resalto coa fin de non incrementar excesivamente a pendente da canalización e ao mesmo tempo resolver satisfactoriamente o desnivel a salvar.

Todas as tubaxes se conectarán ao sistema de depuración proxectado composto por unha fosa+filtro compactos, para unha capacidade de 40 habitantes.

Debido a que o emprazamento elixido para o conxunto de depuración se atopa na parte baixa do pobo todos os colectores descorrerán por pendente.

O prazo de execución desta obra é de catro meses e ten un orzamento de 49.668’29 euros.