Novos grupos confirman a súa presencia no Parga Rock 2020

O Parga Rock continúa avanzando na organización do próxima edición do festival, que ten previsto celebrarse o 5 de setembro.

Así o primeiro grupo invitado é Dark Embrace, conxunto galego de Death Metal Melódico, que fan un metal de corte clásico pero á vez escuro, con reminiscencias dun King Diamond moderno mixturado coas sinfonías eclesiásticas de Powerwolf. Estes galegos foron invitados por bandas tales como Amon Amarth ou Sepultura para abrir os seus concertos. Incluso o seu cantante Oscar Rilo foi invitado por Moonspell para compartir escenario nalgunha ocasión.

A esta primeira confirmación súmase a de Raze, que volverá tocar en Parga nun escenario, tras catro anos sen cautivar coa música en directo. Representantes do metal en xerla, con base no Thrash metal clásico pero con influenza tanto do heavy metal como de estilos máis extremos como o death metal.

Tamén está confirmada a actuación de Nuada, banda de rock en galego nada no 2015 tras reunións deun grupo de amigos de Teixeiro que se xuntaban “para pasar o tempo”.

Engádese no programa a actuación de Gran Reserva, grupo musical de versións Pop-Rock años 80, 90 e 2000 en español e inglés.

Por último e como referentes do Rock Bravú mesturado co punk máis indecente, irreverentes e laretos, inimigos do totalitarismo ata a saciedade, banda moi recordada na contorna… por fin, e despois de moitos anos, volven a Parga os Rastreros.

 

Etiquetas