Enquisa Mobilidade

Poñen á venda máscaras coas cores dos equipos

Os equipos prepáranse para a próxima tempada e, coa responsabilidade de concienciar do uso de máscaras, algúns están elaborando os seus propios sistemas de protección que lles permitan ademais identificarse co seu equipo ao usar as cores representativas do club.

É o que está a pasar en equipos xa coñecidos da Terra Chá. Por exemplo no Perruquería Mixta Friol, véndense máscaras reutilizables, lavables e deseñadas para usar filtro. Están á venda a 6 euros para socios e 8 para os non socios. Os interesados en compralas poden facelo contactando co club.

No Vilalbés, a acollida foi tan boa que as máscaras tamaño adulto están esgotadas provisionalmente. Nesta ocasión fixeron dous tipos, a de adulto e a de neno. Unha ten un prezo de 6 euros e dúas 10 euros.

Trátase de máscaras de dobre capa e deseño ergonómico con certificación. Poden mercarse na cafetería A Pravia, Centro Cultural, libraría Andel, nas parrillada O Adro e A Revolta, na gasolineira Galp e nos bares O Porrás, Praia e Estudiante.

O Vilalba FS tamén puxo á venda máscaras hixiénicas reutilizables coa cor verde do equipo para que todos os socios e simpatizantes podan protexerse fronte a covid-19.

O prezo de cada máscara é de 6 euros e dúas xon 10. A encarga poderase realizar enviando un e-mail á dirección de correo vilalbafs@yahoo.es indicando o nome e apelidos, teléfono de contacto e talla (adulto ou neno).

Etiquetas