Enquisa Mobilidade

Ponte de Outeiro avanza o seu programa de festas virtual

A comisión de festas da parroquia de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, anunciou que este ano terá unhas festas virtuais os días 11, 12 e 13 de setembro debido á situación sanitaria do país, fin de semana que coincide coas festas do pobo.

Nun comunicado, a comisión indicou que “non queremos contaxios” razón pola que decidiron cambiar as habituais festas presenciais por unha convocatoria virtual, emprazando á veciñanza ás do próximo ano.

Así, este setembro as redes sociais acolleran unha festas virtuais nas que haberá moita música baixo a máxima Se non hai festa faise.

As festas desenvolveranse polo tanto nas redes sociais de facebook e instagram con música, poesía e maxia como principais atractivos.

A programación consistirá en que cada hora da fin de semana irase subindo un vídeo ás redes sociais para que a xente vexa “os grandes músicos da nosa terra tocar e saudar á xente de Outeiro”. Estarán presentes artistas como Luis Caruncho, Ruxe-Ruxe, Los Jinetes del Trópico, García MC, Germán Díaz… e outros máis coñecidos, como Cristian Silva, que irán informando nos próximos días a través das redes.

Ademais, a partir de agosto haberá sorteos de máscaras, camisetas, chapas e ata bolsas de tela de diferentes marcas galegas. Ademais, para rematar, o domingo á tardiña a música que presentarán va ser exclusivamente outeirán, cos participación dos músicos da Ponte de Outeiro.

As festas abriranse o venres ás 22:30 cun directo dende o campo da festa no cal haberá música en vivo e directo, pero esto queda pendente das recomendacións sanitarias do momento.

 

Etiquetas