Enquisa Mobilidade

Atopan un castro en Miraz e tres mámoas en Cazás e Momán

Patrimonio dos Ancares e a asociación de recreación histórica de Lugo Tir Na n´ Og veñen de anunciar a existencia dun castro e tres mámoas en Xermade. O asentamento castrexo téñeno localizado e documentado na parroquia de Miraz, concretamente na Chousa do Castro, a unha altitude de 525 metros.

O asentamento ten forma oval nun espazo de dimensións de 87 por 70 metros. Malia estar alterado polo paso do tempo e o traballo agrícola os investigadores atoparon restos da muralla perimetral e parte dun foso defensivo.

Unha das mámoas está na parroquia de Momán, no lugar coñecido como Pena dos Corvos, e ten 19 metros de diámetro, polo que é a maior das tres.

As outras dúas atópanse no lugar coñecido como Escoriscada, na parroquia de Cazás, e teñen 18 e 15 metros de diámetro.

Todos estes vestixios, que non estaban catalogados, foron xa comunicados ao Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura en Lugo.

Etiquetas